o alén revelado
(A pintura de Branca Silva).
No principio o aire
transparencia afondando
nun centro en fuga
Auga e lume virán despois
preguntas sen resposta
abríndose a un interior ensoñado
Chanzos á claridade
bosque ou lago
remoto sol envolvendo desgaros
lenta curva cadencia de astros
ferida seca
palimpsesto
Escumas nas que o tempo
adormece alongado
como un perfume exánime
Papoulas labios
descifrando un xardín
en penumbra
Acesos vermellos laranxas de agosto
azuis de xeo verdes vedraños
lilas sonámulos
Do libro Outono nos espellos de Xulio L. Valcárcel
REF.: 006
REF.: 007
REF.: 008
REF.: 009
REF.: 010
REF.: 011
REF.: 012
REF.: 013
REF.: 014
REF.: 015
REF.: 016
REF.: 017
REF.: 018
REF.: 019
REF.: 020
REF.: 021
REF.: 022
REF.: 023
REF.: 024
REF.: 025
REF.: 026