Todas las infografías están disponibles
REF.: 066
REF.: 067
REF.: 068
REF.: 069
REF.: 070
REF.: 071
REF.: 072
REF.: 073
REF.: 074
REF.: 075
«Cando te fun visitar, vendo a miñ´alma a suxeta a hermosura do teu mar, díxome Dios, ¡canta, poeta! ¡ Eu chorei pra te cantar! Chorei, qu´eu no sabería, é que san Pedro no me escoite d´e escoller, qu´escollería, ¡ si entrar na Coruña de noite ou no Ceo de día!»..
Estes fermosos versos son do bisavó de Blanca, Alberto García Ferreiro, versos que todas as coruñesas e coruñeses, recitados ou cantados coñecemos.
Era o seu bisavó un fervente admirador desta cidade, e non sei se consciente ou inconscientemente, Blanca, con estas fotografías únese no tempo con el.
“A Coruña de Blanca Silva”, é o título desta exposición, mais podería ser” A Coruña de Blanca Silva, e do seu bisavó”.
A cidade que nos ofrece Blanca medra nas súas fotografías pintadas, como medra o Macondo de García Marquez, en “Cen anos de soidade” como Isengard, no “Señor dos Aneis”, e ten tanta forza como a cidade- reino de Camelot, nas “Lendas do rei Arturo”.
A súa é unha Coruña que nos invita a soñar cunha realidade paralela, onde todo é posible, onde non hai limitacións á imaxinación. Unha cidade que se deixa abrazar polas cores de Blanca e nelas aboia.
Unha cidade que flota no mar do Orzán:
Escribe Alberto García Ferreiro:
Orzán, Orzán, qu’os penascasles mordes,
Solt’a madeixa d’as túas cris d’escuma …